Incendio en Bora con risco de explosión
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Os bombeiros de Ponteveda acudiron ás dúas menos cuarto desta tarde a sufocar un incendio na parroquia pontevedresa de Bora.
O lume orixinouse nunha casa utilizada como almacén.
Os servizos de urxencia foron alertados cando o incendio xa estaba moi avanzado, o teito da casa esborrallouse avivando as lapas.
No interior da casa gardábanse ferramentas de fontanería e varias botellas de acetileno, o que obrigou a adoptar un protocolo de actuación específico para evitar unha explosión.
Os bombeiros improvisaron unha bañera para mergullar unha das bombonas que tiña unha fuga.