Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra abre este mércores, 5 de decembro, o prazo para a presentación de candidaturas para os premios Cidade de Pontevedra, que se entregarán o vindeiro 20 de xaneiro, coincidindo co patrón da cidade, San Sebastián.
As persoas ou entidades interesadas en presentar os seus candidatos poderán facelo até o vindeiro 5 de xaneiro.
Os premios Cidade de Pontevedra teñen como finalidade galardoar o relevante labor desenvolto na modalidade individual por unha persoa física e, na modalidade colectiva, por persoas xurídicas (asociacións, entidades ou colectivos de caracter cultural, social xuvenil, empresarial, etc..). O xurado terá en conta e valorará especialmente o ano que corresponda.
Concederanse os seguintes premios: a unha persoa física vencellada, dalgún xeito, ao municipio de Pontevedra e os seus habitantes; y a unha persoa xurídica, asociación, entidade ou colectivo que teña desenvolto un labor de especial proxección cara Pontevedra e os seus habitantes. Para cada unha das modalidades outorgarase un único premio, que consistirá nun Teucro de prata e un diploma.
Os candidatos a ambas as dúas modalidades poderán ser propostos por calquera asociación, institución, entidade ou colectivo do municipio de Pontevedra; sen que poida ningunha delas propoñerse a ela mesma. Ditas propostas serán presentadas no Rexistro do Concello. Nelas sinalaranse tódolos datos posibles do candidato ou candidatos propostos. Deberase adxuntar, asimesmo, unha memoria xustificativa que saliente a traxectoria persoal e profesional de cada un dos candidatos propostos.
As persoas físicas ou xurídicas propostas deberán sempre ter coñecemento da súa candidatura.
Unha vez rematado o prazo de presentación de propostas o xurado fixará a primeira das súas reunións, ao longo da semana seguinte á da finalización do prazo de presentación de candidaturas, co fin de analizar as propostas existentes. Procederase ao estudo, polo miúdo, da biografía e do currículo de cada un dos candidatos propostos.
Tódolos membros do xurado tratarán de consensuar, de maneira unánime o outorgamento dos premios; de non ser así, deberá chegarse á obtención dunha maioría cualificada de dous tercios. Se o xurado, na primeira reunión, non chegase a unanimidade ou a unha maioría cualificada de dous tercios, poderán propor outros candidatos nunha segunda sesión, sempre que sexa por unanimidade, tanto a proposta como a elección. Asimesmo, poderase deixar deserto o premio.
Unha vez que o xurado acorde os premios, a corporación municipal, en sesión plenaria, prestará aprobación aos mesmos y esta decisión será inapelable.
Os premios serán entregados na sesión extraordinaria de honras que, para tal efecto, ten lugar tradicionalmente o día 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián.
Relacionadas:
-
Francisco Barbeito, Carmen Abeledo e o CRE da ONCE, candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Últimos días para presentar propostas aos Cidade de Pontevedra, co CRE da ONCE como único candidato
Por Redacción |
-
O Centro de Recursos Educativos da ONCE, primeira proposta para os Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Teatro Principal acolle a entrega dos Premios Cidade de Pontevedra "máis cerebrais"
Por Beatriz Ciscar & Anxo Lourido |
-
RADIO.- Os Premios Cidade de Pontevedra 2017 aúnan futuras accións en PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |