VÍDEO.- Así impediron as nais a instalación dun novo transformador no colexio Barcelos
Por Mónica Patxot
Durante máis de catro horas, familiares de escolares do colexio Barcelos concentráronse, realizaron sentadas e pecharon as portas do centro para evitar que os operarios da compañía eléctrica instalasen un novo transformador no centro despois do incendio sucedido este mediodía co anterior aparello eléctrico.
Ata o lugar acudiron tanto efectivos da Policía Local como o delegado territorial da empresa, a petición do alcalde de Pontevedra, coa intención de buscar unha solución ao conflito.
As nais dos estudantes reclaman que se traslade esta instalación a un punto alternativo desta contorna.
Relacionadas:
-
Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O delegado de Educación presionará para que se retire o transformador do colexio de Barcelos
Por Anxo Lourido |
-
Fenosa acepta iniciar os trámites para resituar o transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
Catro horas de peche no colexio de Barcelos para esixir a retirada do transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
VIDEO.- Desaloxan o colexio de Barcelos por un incendio no transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |