Así felicita Pontevedra o Nadal
Por Redacción
Un ano máis, Pontevedra felicita as festas aos seus veciños cun emotivo vídeo. Esta postal do Nadal, gravada hai uns días na cidade, foi publicada a través de redes sociais.
Os protagonistas desta felicitación son, por unha banda, os adornos, a decoración e a iluminación que engalana as rúas e prazas da cidade desde principios deste mes de decembro.
Todo iso animado pola música duns novísimos artistas de Pontevedra. Trátase dos integrantes de Galifunk Brass, que realizan a súa propia versión de todo un clásico: o All I Want for Christmas Is You, que popularizou a estadounidense Mariah Carey.
Desde PontevedraViva, sen dúbida, sumámonos a estes bos desexos. Felices Festas!