Localizan os restos do 'Sin Querer Dos' dez días despois do naufraxio
Por Redacción
O pesqueiro 'Sin Querer Dos' foi localizado preto da zona na que se afundiu o pasado 19 de decembro, cando regresaba a Portonovo tras a súa campaña no Cantábrico. No sinistro faleceron tres dos seus tripulantes e unha cuarta persoa continúa desaparecida.
Salvamento Marítimo informou que a primeira inmersión realizada desde o buque Don Inda identificou que o buque localizado na tarde do venres polo Sebastián Ocampo é o barco naufragado.
Tras unha primeira inspección que non detectou ningunha anomalía, as autoridades prepara un operativo para unha próxima inspección submarina do pecio, en busca de indicios que permitan determinar as causas do afundimento.
Descartado está, segundo os investigadores, que o corpo do mariñeiro desaparecido, Guillermo Casais, se atope dentro o barco afundido, xa que os sobreviventes relataron que non estaba nel cando foi tragado polo mar.
A súa procura atópase no que Salvamento Marítimo denomina fase non activa. Iso significa que os medios deste servizo non saen a buscalo, aínda que seguen pendentes de atopalo e están alerta de posibles avisos doutros barcos ou dos rastreos que se fan desde a costa.
Para facilitar esta tarefa, a Consellería do Mar prohibiu a pesca ou calquera outra actividade extractiva na zona na que tivo lugar o afundimento, ordenando retirar todos os aparellos ata as doce da noite do próximo 1 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Os sobreviventes do 'Sin Querer 2' e a armadora: cara a cara no xulgado polos despedimentos tras o naufraxio
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Cambados chora ás vítimas do "Sin Querer Dos"
Por Oskar Viéitez |
-
Tres mariñeiros falecidos no naufraxio do barco "Sin Querer Dos" de Portonovo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada