Os servizos médicos pontevedreses atenden dúas intoxicacións etílicas nunha Noitevella con nivel de actividade "normal"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A primeira madrugada do ano 2019 deixou como balance unha garda con "niveis de normalidade operativa"nos centros de saúde públicos pontevedreses. A única incidencia allea a esa normalidade respeto doutra noite calquera do ano foi a atención de dúas persoas que chegaron con síntomas de intoxicación etílica por consumo excesivo de alcool ao Punto de Atención Continuada (PAC) da Parda e o servizo de urxencias do Hospital Montecelo de Pontevedra.
Segundo a información facilitada pola Xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, desde a medianoite ata primeiras horas da mañá deste 1 de xaneiro atendéronse na Parda un total de 22 pacientes con doenzas comúns e somentes unha única intoxicación. Do mesmo xeito, o servizo de urxencias de Montecelo atendeu 39 pacientes con doenzas comúns, unha intoxicación e 10 accidentes casuais.
Fontes de garda sanitaria sinalaron que a casuística asistencial desta pasada noite nesta área atopouse en niveis de normalidade.
Por outra banda, Pontevedra viviu as primeiras horas de 2019 sen poder contar unha noticia das que se agardan cada Aninovo: o nacemento do primeiro pontevedrés do ano. Nin na área de Partos do Hospital Provincial nin no Hospital do Salnés naceu ningún bebé ata o mediodía. O primeiro foi Adrián, nacido ás 12.40 horas no Hospital Provincial.
Relacionadas:
-
Un ferido por agresión e cinco atendidos por intoxicacións etílicas, balance da Noitevella
Por Natalia Puga |
-
Un caso de violencia de xénero ensombrece unha Noitevella tranquila a nivel de seguridade
Por Natalia Puga |
-
Adrián, primeiro bebé de 2019 en Pontevedra, naceu doce horas despois das uvas
Por Redacción |