Pontevedra pecha 2018 con 5.619 desempregados, o nivel máis baixo desde hai dez anos
Por Redacción
Un total de 104 pontevedreses atoparon traballo en decembro, grazas sobre todo ao sector servizos e a campaña do Nadal. Así o desvelan os datos publicados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Con este novo descenso, a cidade pecha 2018 con 5.619 desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego. Son 408 persoas menos que hai un ano, polo que a caída do paro nos últimos doce meses foi dun 6.76%.
Isto supón, segundo datos oficiais, que o paro na Boa Vila caese a niveis previos á crise. En concreto, en 2008, Pontevedra pechaba o ano con 5.818 persoas sen traballo, un 15.19% da súa poboación activa. Trátase dunha porcentaxe lixeiramente similar ao 15.12% co que pechou o último ano.
Este descenso interanual, en maior ou menor medida, produciuse en todos os concellos do ámbito de influencia da capital. Con todo, no último mes do ano, foron moi poucos onde se reduciu o desemprego con respecto a novembro. Xunto con Pontevedra, só pasou en Bueu, Marín, Ponte Caldelas e Poio.
Decembro | Novembro | Variación | |
Pontevedra | 5.619 | 5.723 | -104 |
Barro | 260 | 251 | 9 |
Bueu | 776 | 791 | -15 |
Caldas de Reis | 744 | 693 | 51 |
Cambados | 1.000 | 917 | 83 |
Campo Lameiro | 126 | 121 | 5 |
Cerdedo-Cotobade | 330 | 315 | 15 |
Cuntis | 303 | 287 | 16 |
O Grove | 1.008 | 880 | 128 |
A Illa de Arousa | 269 | 260 | 9 |
A Lama | 158 | 151 | 7 |
Marín | 1.599 | 1.617 | -18 |
Meaño | 371 | 361 | 10 |
Meis | 357 | 349 | 8 |
Moraña | 287 | 280 | 7 |
Poio | 1.045 | 1.047 | -2 |
Ponte Caldelas | 504 | 516 | -12 |
Portas | 203 | 188 | 15 |
Ribadumia | 315 | 299 | 16 |
Sanxenxo | 1.217 | 1.197 | 20 |
Vilaboa | 361 | 383 | 22 |
Vilagarcía de Arousa | 3.261 | 3.134 | 127 |
Vilanova de Arousa | 722 | 679 | 43 |
Relacionadas:
-
O paro volve subir en novembro: 537 desempregados máis na provincia de Pontevedra
Por Redacción |
-
Marzo rexistra 1.437 desempregados menos en Pontevedra ante a proximidade da Semana Santa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O paro na Boa Vila crece en 18 persoas no mes de febreiro
Por Oskar Viéitez |
-
O paro dispárase en xaneiro con 2.016 desempregados máis en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Novembro sitúa o paro na Boa Vila nun total de 5.723 persoas
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, terceira cidade galega con menos paro, volve a cifras previas á crise
Por Redacción |