Cinco anos construíndo a historia das mulleres de Pontevedra
Por Redacción
O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acollerá o sábado 26 de xaneiro, ás 19.00 horas, o acto co que o Concello de Pontevedra conmemora o quinto aniversario do programa A memoria das mulleres, co que se recupera a historia de mulleres pioneiras, traballadoras ou represaliadas do municipio.
Baixo o título Cinco anos construíndo a historia das mulleres, repasarase a traxectoria deste programa municipal e presentará a súa nova páxina web: www.dogrisaovioleta.gal.
No acto está prevista a actuación musical do grupo Comando Foucellas.
A memoria das mulleres, un programa da Concellaría de Patrimonio Histórico, ten como obxectivo encher de contido o baleiro que as mulleres ocupaban no relato oficial e contar como de imprescindible foi o seu pulo para construír a Pontevedra que agora coñecemos.
Buscábase rescatar os nomes, as biografías e de ser posible os rostros de mulleres notables. Para iso traballouse na compilación da documentación, bibliografía, hemeroteca, imaxes e arquivos de son e vídeo que puidesen existir sobre elas, e ademais realizáronse ducias de entrevistas que puidesen achegar novas informacións.
Nese empeño fóronse realizando actividades e publicacións, exposicións, colaborouse en artigos e programas de radio, nomeáronse rúas, graváronse para sempre nomes de muller en placas ou pintáronse murais.
Relacionadas:
-
'Rúas con memoria', un roteiro teatralizado para reflectir a represión que sufriron as mulleres de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
De Elvira Lodeiro á loita contra a AP-9: un repaso web pola memoria das mulleres de Salcedo
Por Redacción |
-
O CITA queda pequeno para acoller o público asistente ao quinto aniversario de 'A memoria das mulleres'
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Novo web para recalcar o violeta con motivo do quinto aniversario da Memoria das Mulleres
Por Redacción |
-
Pontevedra homenaxea no Principal á escola represaliada polo franquismo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Dous roteiros guiados recuperan a memoria das mulleres da Boa Vila
Por Redacción |