O campus, unha particular ONU con estudantes de 18 nacionalidades
Por Redacción & Mónica Patxot
Brasil e México son, un ano máis, os países cunha maior representación entre os estudantes estranxeiros do campus de Pontevedra. Proceden de 18 países diferentes.
A Casa das Campás acolleu este venres o acto de benvida aos 27 alumnos e alumnas internacionais que neste segundo cuadrimestre cursarán os seus estudos no campus. Súmanse aos 12 estudantes estranxeiros que permanecen en Pontevedra durante todo o curso e aos 37 que o fixeron no primeiro cuadrimestre.
O vicerreitor Jorge Soto destacou que a universidade está batendo todas as marcas, con máis de 700 estudantes internacionais nos tres campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, demostrando que as súas titulacións son "referentes fóra das nosas fronteiras".
Con nove novos alumnos e alumnas este cuadrimestre e 15 no conxunto co curso, México sitúase un ano máis como un dos países que máis estudantes estranxeiros achega ao campus, xunto con Brasil, de onde proceden once estudantes.
Alemaña, con oito, Francia, con sete, e Italia con seis, forman parte así mesmo da relación de 18 países de Europa, América e Asia que achegan alumnado ao campus.
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, con 34, e Belas Artes, con 24, son neste curso os dous centros con maior número de alumnado internacional, seguidos de Ciencias da Educación e do Deporte, que recibe once alumnos.
O acto no que este grupo de estudantes recibiu tamén información da oferta cultural, deportiva e de idiomas da universidade viuse sucedido por un xantar de confraternidade e por unha visita ao campus guiada por alumnos e alumnas.
Relacionadas:
-
Especialistas en comunicación de toda España visitarán o campus pontevedrés para falar de 'fakenews' e desinformación
Por Redacción |
-
O campus de Pontevedra recupera a presenza internacional post covid con 49 estudantes estranxeiros
Por Redacción |
-
Alumnos procedentes de 11 países desafían á pandemia e trasladan os seus estudos ao campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: A tradición viquinga une Catoira e Dundalk
Por Marisa Ciordia |
-
O programa Erasmus mobilizou en 20 anos máis de 1.200 estudantes do campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Un campus internacional con 92 universitarios de 18 nacionalidades
Por Redacción |