Cotobade anímase coa VII Feira de Cuspedriños
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os asistentes á VII edición da Feira de Cuspedriños, en San Xurxo de Sacos, puideron gozar dunha agradable xornada de gastronomía, astesanía e historia.
Ademais dos postos que diversos comercios e oficios tradicionais instalaron na rúa, tamén se organizou unha exposición de gando, unha exhibición de cetraría ou unha mostra de vehículos antigos, entre outras actividades.
Durante toda a xornada a feira estivo amenizada con gaiteiros ou pandereteiras, ademais de polos diversos xogos populares instalados para todas as idades.
VII edición da Feira de Cuspedriños
San Xurxo de Sacos acolleu a VII Feira de Cuspedriños coa celebración de diversas actividades