Ravachol regresa á Peregrina para reinar no Entroido
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/62d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/5c63fd6b2d-ravachol-01.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/47a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5c64150084-dsc_0531.jpg)
© Victoria Regueira
A escultura do loro Ravachol regresou este mércores á praza da Peregrina, dous meses despois do acto vandálico que a arrincou do seu emprazamento e antes da celebración das festas de Entroido o próximo mes de marzo.
A figura é obra do artista José Luis Penado, falecido aos 88 anos en 2016, está realizada en ferro e mide preto dun metro. Precisamente a súa filla foi a encargada de supervisar a reposición da escultura, que foi recuperada practicamente intacta, salvo os danos na súa base. Agora reforzouse a ancoraxe para evitar que volva romper.
Deste xeito, a reposición chega con tempo de antelación para que Ravachol poida seguir presidindo o Entroido pontevedrés, como leva facendo neste pedestal desde hai doce anos.
A derriba da estatua tivo lugar na madrugada do domingo 9 de decembro. Foi arrincada de raíz, pola base e localizouse horas despois a escasos cincuenta metros, depositada no chan na parte posterior da igrexa da Peregrina.
Relacionadas:
-
Os Solfamidas, pregoeiros do Entroido: "Queremos dar algo diferente e sorprendente"
Por Alejandro Espiño & Victoria Regueira |
-
Pontevedra reivindica que sen Ravachol o Entroido "non é o mesmo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Unha testemuña apunta a catro mozos como autores da agresión vandálica a Ravachol
Por Alejandro Espiño |
-
A Peregrina amence sen a escultura do Loro Ravachol
Por Diego Espiño |