Abolicionistas piden que o goberno local adquira a Praza de Touros para convertila nun espazo multiusos
Por Redacción
A plataforma Galicia, Mellor sen Touradas reclama que o debate sobre as corridas de touros e o uso da praza pontevedresa entre na precampaña electoral. Unha vez máis, este colectivo critica que o goberno local de Miguel Anxo Fernández Lores manteña neste 2019 o acordo de aluguer do recinto situado na rúa Nostramo Lourido.
Nesta ocasión, esta organización pide que o goberno municipal siga a liña marcada polo de Oviedo, que anunciaba esta mesma semana un proxecto para revoertir a súa praza de touros, un edificio considerado Ben de Interese Cultural e destinará 250.000 euros para convertela nun centro multiusos, destinado principalmente a grandes concertos e no que non está prevista a realización de eventos taurinos.
A agrupación abolicionista entende que en Pontevedra debería alcanzarse unha negociación entre o goberno local e o actuais propietarios, que manteñen as instalacións sen uso durante a maior parte do ano.
Tamén expoñen a opción de expropiar porque Pontevedra carece dun espazo de similares características para actividades de lecer e culturais, que ademais tamén podería acoller un uso hostaleiro e hostaleiro, como sucede en Évora (Portugal) e Zacatecas (México).