Barro presume de José Manuel Busto, número 1 nacional no exame do MIR
Por Redacción
O Concello de Barro recoñeceu este venres ao seu veciño José Manuel Busto polos seus éxitos académicos.
Este veciño do municipio acaba de conseguir a mellor nota do Estado no exame MIR de 2019, o que lle permitirá comezar a exercer a súa especialidade como Médico Interno Residente no hospital que decida.
Representantes do goberno local trasladáronlle as súas felicitacións e o seu orgullo polo nivel de excelencia alcanzado por un dos seus veciños.
Pola súa banda o alcalde, Xosé Manuel Abraldes, sinalou que "precisamos do talento e da iniciativa da xeración mellor formada da nosa historia, e o compromiso das administracións ten que ser garantirlles un futuro digno na nosa terra", en alusión á fuga de Galicia de talento novo formado nas diferentes universidades da comunidade.