Lores alerta ante o plenario dos Champion Mayors da OCDE do peligro crecente da contaminación das cidades
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Pontevedra participou este luns na cuarta reunión de Champions Mayors da OCDE para abordar o crecemento inclusivo nas cidades no ámbito social, nas políticas públicas e no aspecto tecnolóxico.
Segundo informaron dende o gabinete de comunicación do Concello de Pontevedra, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou a experiencia da Boa Vila como innovación en políticas públicas ao facer unha gran defensa do espazo público como dereito básico, tal e como resumiu a moderadora do congreso, quen asegurou que nas cidades era viable reducir o uso do vehículo privado e mellorar a mobilidade nas urbes do planeta.
O alcalde explicou que a contaminación é un dos principais problemas que asolan e asolarán ás cidades nos vindeiros anos, e será a causante de miles de mortes prematuras. Os vehículos contribúen singularmente á polución nas cidades, ademais de ser os responsables das mortes por atropelos nos ámbitos urbanos.
Indicou que o espazo público ten que ser ocupado polas persoas, especialmente polas máis desfavorecidas, o que suporá a restrición drástica dos vehículos, e iso suporá o incremento da cohesión social, da convivencia... en definitiva, da democracia.
"É posible", indicou Fernández Lores quen puxo a Pontevedra de exemplo onde se reduciron nun 90% os vehículos no centro da cidade e nun 57% na trama urbana; eliminouse un 67% de emisións de CO2 á atmosfera, mellorando a calidade do aire; os nenos van ao colexio andando e quedan para xogar nas rúas e prazas da cidade; Pontevedra leva 9 anos sen mortos por atropelos e reducíronse considerablemente os feridos graves por accidente de tráfico; e sobre todo, destacou o orgullo dos pontevedreses por vivir nunha cidade habitable.
"Creemos que é posible", concluíu o alcalde, que recordou que a cidade foi premiada en 2014 co premio do ONU Habitat por ser unha cidade habitable e no 2015 recibiu o premio do Center for Active Design da Fundación Bloomberg, en New York.
Pontevedra participa no plenario dos Champion Mayors da OCDE
Pontevedra participou este na cuarta reunión de Champions Mayors da OCDE para abordar o crecemento inclusivo nas cidades no ámbito social, nas políticas públicas e no aspecto tecnolóxico
© Concello de Pontevedra