Unha persoa ferida nunha colisión na autoestrada
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este luns na colisión dun camión contra unha furgoneta na autoestrada AP-9, ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Salcedo.
O 112 foi alertado por un particular pouco antes das nove da mañá dunha colisión por alcance.
Ao lugar do sinistro acudiron efectivos do 061 e da Garda Civil de Tráfico e tamén foron avisados os Bombeiros do Morrazo.
O accidente provocou retencións á saída de Pontevedra, en sentido Vigo.