O camping de Ons abre o día 15 coa xestión da Xunta
Por Redacción
En contra dos plans anunciados o Parque Nacional Illas Atlánticas puxo en funcionamento na súa páxina web o sistema de reservas para o Camping de Ons.
A Consellería de Medio Ambiente é quen atende estas instalacións, ao igual que en anos anteriores, de modo que a empresa concesionaria non asumirá a súa xestión ata despois do verán.
Nos próximos días a Xunta adxudicará ao Grupo Acuña a xestión e explotación da acampada.
A web do Parque Nacional ofrece a partir do día 15 de xuño 200 prazas de acampada, de momento de balde.