Ponte Cadelas enche de tractores
Por Redacción
Os tractores tomaron esta fin de semana o centro urbano de Ponte Caldelas coa primeira edición da Tractorada, organizada como homenaxe a este vehículo e a todo o modo de vida rural.
Máis de 50 tractores participaron no evento, que se celebrou na Alameda e incluíu unha marcha polo centro da localidade.
Puidéronse ver todo tipo de vehículos, desde un tractor con autoguiado de última xeración a modestos "chimpines". Ademais entre as máquinas tamén había algunha dos anos 50 en pleno funcionamento.
Ademais da concentración, a zona do instituto acolleu probas de habilidade e tiro.
O goberno local mostrouse satisfeito co resultado da tractorada e anunciou que lle dará continuidade en próximos anos.