O candidato socialista Tino Fernández pide emprego municipal para persoas con síndrome de Down
Por Redacción
Representantes da candidatura socialista ás próximas eleccións, encabezados por Tino Fernández e Guillermo Meijón, visitaban este luns a sede da asociación Down Pontevedra ' Xuntos', que se atopan no barrio do Gorgullón.
Nestas novas instalacións, o presidente do colectivo Manuel Pérez Cabo mostraba os distintos espazos deste centro ao que asisten 105 persoas con síndrome de Down, cunha lista de espera que ascende a máis de 60 persoas. En moitos casos trátase de usuarios que proceden de municipios próximos como Vilagarcía, Cambados ou Sanxenxo. O Servizo de Promoción de Autonomía Persoal ( Sepap) atende todo o ciclo vital destas persoas, desde que son bebés ata que teñen idade moi avanzada.
A asociación ten en marcha desde 2002 un Programa de Emprego con Apoio (ECA) que logrou que 17 de 18 participantes en 2018 traballasen nalgunha das 23 empresas que colaboran con este programa. Neste ano xa obtiveron traballo 16 dos 19 usuarios deste programa.
Pére Cabo trasladou unha das principais demandas deste colectivo que se centran en que a administración local saque prazas exclusivas para persoas con discapacidade intelectual.
Os socialistas afirmaron que proporán que as ofertas de emprego do Concello reservan prazas para persoas con síndrome de Down, ao mesmo tempo que anunciaron a súa intención de mellorar a rede de mobilidade e de acceso ao deporte para os usuarios da asociación 'Xuntos'.
Relacionadas:
-
Unha nova usuaria de Down Pontevedra traballará como monitora de comedor no Vidal Portela
Por Redacción |
-
O PSOE de Tino Fernández quere frear o éxodo poboacional da "Pontevedra baleira"
Por Redacción |
-
Cada día máis empresas pontevedresas apostan pola inclusión laboral
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Luís Montes, o deporte e o ámbito social 'Xuntos' no seu camiño
Por Marisa Ciordia |
-
Mozos con síndrome de Down fórmanse como ordenanzas e administrativos
Por Redacción |
-
Gorgullón 41, o "soño feito realidade" de Down Pontevedra Xuntos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |