Luisa Piñeiro rodéase do "mellor equipo", co que opta a seguir gobernando en Moraña
Por Redacción
Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular provincial, e Ana Pastor, cabeza de lista do PP pola provincia ás eleccións ao Congreso, apoiaron este domingo a Luisa Piñeiro na presentación da súa candidatura para renovar mandato na alcaldía de Moraña.
O acto contou cun xantar-mitin celebrado na carballeira de Santa Xusta coa presenza de centos de veciños. Tanto Rueda como Pastor destacaron que a candidata popular é un luxo e subliñaron a súa preparación, traballo e coñecemento da veciñanza, ademais de contar co "mellor equipo" nesta cita coas urnas.
Luisa Piñeiro dirixiuse aos asistentes recoñecendo que se sinte moi orgullosa de ser alcaldesa de Moraña e comprometeuse a seguir traballando con forza e con unidade para mellorar o municipio.