Piñeiro acusa a presidenta da Deputación de querer "amordazar" os delegados de Comisións Obreiras
Por Redacción
José Ramón Piñeiro, secretario comarcal de Comisións Obreiras emitiu un comunicado no que acusa á presidenta da Deputación de Pontevedra de "difamar, inxuriar e calumniar á Sección Sindical de CC. OO. na institución provincial". Afirma que trata de "acalar e amordazar" aos delegados sindicais que lle lembran publicamente "a súa nula dedicación e a súa pésima xestión do persoal".
O representante sindical afirma que durante o mandato de Carmela Silva a situación de persoal na Deputación é caótica. Acusa á máxima responsable política da institución de tentar adelgazar as competencias da Deputación co "único obxectivo de suprimila", ao propoñer a transferencia de cinco centros á Xunta de Galicia en dúas ocasións distintas. Segundo o sindicato, esta medida supoñería a supresión de 200 traballos eventuais.
Piñeiro tamén afirma que a xestión política do persoal "é a peor en décadas", coa temporalidade máis alta de todas as administracións, que se sitúa nun 48%. Denuncia tamén que continúan sen convocarse 236 prazas ofertadas.
Desde a sección sindical de CC.OO. afírmase que hai colectivos de persoal discriminados salarialmente sen incentivos para traballar. Denuncian que facendo o mesmo traballo, hai persoal que cobra moito menos ao mes.
O secretario comarcal de Comisións afirma que o goberno do PSOE-BNG estableceu a privatización de servizos como o de Parque de maquinaria. Sinala que se gasta o triplo pagando a empresas privadas mentres que os traballadores da Deputación atópanse "ociosos e as súas máquinas paradas".
Por último, alerta da situación de abandono con perigo para a integridade física dos escolares e dos traballadores no Centro da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
Relacionadas:
-
CC.OO aposta polo diálogo para cambiar a situación laboral de "ilegalidade permanente" na Deputación
Por Anxo Lourido |
-
Carmela Silva: "Feijóo considera que a oposición do PP é a presidenta da Deputación"
Por Anxo Lourido |
-
Comisións Obreiras pide "que non se utilice aos traballadores con finalidade política"
Por Oskar Viéitez |
-
CC.OO. pide participar na mesa de negociación das transferencias entre a Deputación e a Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras asegura que menores do Príncipe Felipe utilizan mantas durante o día para protexerse do frío
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras denuncia a privatización do parque de maquinaria e a imprenta provincial
Por Oskar Viéitez |