La mejora del camino principal de Tourón encara una nueva fase de trabajos
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha nos últimos días a terceira fase das obras de ampliación do camiño principal de Tourón, que dá acceso a un total de 46 vivendas ao longo de pouco máis dun quilómetro.
O proxecto permitirá que os aproximadamente 200 metros que cubre esta nova fase pasen dun ancho que apenas chegaba aos dous metros a cinco metros, deixando incluso un espazo previsto para que poida aparcar a veciñanza desta zona.
As obras céntranse agora na escavación necesaria no noiro rochoso para gañar o ancho necesario para levantar o muro de contención. As previsións que manexa o Concello apuntan a que a obra estará rematada no prazo aproximado dun mes.
O alcalde, Andrés Díaz, visitou as obras e remarcou a dificultade que supón traballar nunha zona coas vivendas moi pegadas ao camiño e con rocha viva nun noiro que é preciso retirar.
Esta obra empezou a realizarse en xaneiro de 2018 e aínda ten pendente unha cuarta fase. O camiño central de Tourón dá servizo a un total de 46 vivendas, polo que é un dos que alberga maior densidade de poboación de Ponte Caldelas. A pesar diso hai tramos nos que un turismo pasa con dificultades. A intención do Concello é pasar a un ancho de entre 5 e 7 metros, mellorando así notablemente a calidade de vida dos residentes.