Xubílase o notario Eduardo Méndez Apenela e pecha o seu despacho
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial do Estado do pasado martes 4 de xuño anunciou a xubilación do notario pontevedrés Eduardo Méndez Apenela. Nos vindeiros días pechará a súa notaría.
O BOE oficializa unha resolución anterior do Ministerio de Xustiza, concretamente do 23 de maio de 2013, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, pola que se dispón a xubilación voluntaria do notario.
Méndez Apenela solicitou a xubilación voluntaria por "cumprir a idade legalmente establecida".
O despacho deste notario é o que atende o maior volume de traballo de toda a capital. Esta situado na rúa Andrés Muruais en el traballan 12 persoas que agora irán ao paro.
O concurso para o nomeamento dun novo notario para esta praza podería tardar entre catro e cinco meses.