18 artistas participarán na primeira Gala Benéfica da Asociación Cultural Deportiva Andaina de Samieira
Por Redacción
A Asociación cultural e deportiva Andaina de Samieira presentaba este martes no Concello de Poio a primeira Gala benéfica de recollida de alimentos, unha cita que se desenvolverá o 17 de abril ás 17.00 horas no Campo de Fútbol de Río Bois, en Samieira, no municipio de Poio.
Neste acto participarán de forma desinteresada 18 artistas, entre os que se atopan humoristas, orquestras e cantantes de toda a zona. Para acceder ao recinto, as persoas interesadas deberán entregar alimentos non perecedoiros que irán destinados a familias e a persoas que se atopen con máis necesidades dentro do municipio.
Nesta gala xa confirmaron a súa actuación Os Queimatasas, A Banda da Balbina, Marietta, Pili Pampín, Orquestra Pontevedra, Marbella e La Ola ADN, Trío Azabache, Guillermo Castro e Mari Costa, entre outros artistas.