Fátima Abal presenta o equipo co que pretende reter a alcaldía de Cambados
Por Redacción
O Partido Socialista de Cambados presentou este sábado no Auditorio da Xuventude a súa candidatura ás eleccións do próximo mes de maio, que estará encabezada pola actual alcaldesa, Fátima Abal.
A rexedora puxo en valor o traballo realizado durante estes anos, poñendo como exemplo a declaración da Festa do Albariño como de Interese Turístico Internacional "grazas ao traballo realizado polo departamento de Turismo"
Tamén destacou que durante esta lexislatura "colgouse por primeira vez no Concello a Bandeira LGTBI, ademais de contar por primeira vez na historia de Cambados cunha concellería de Igualdade".
Abal estivo arroupada por diferentes cargos orgánicos e institucionais socialistas, empezando pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e seguindo polo secretario provincial, David Regades, ou Jorge María, candidato ao Congreso, entre outros.
A lista coa que o PSOE concorrerá ás eleccións municipais en Cambados compóñena: Fátima Abal Roma (1), Samuel Lago Ozón (2), María Cruz Leiro Peña (3), David Mesías Fernández (4), Milagros Martínez Piñeiro (5), José Fontenla Leiro (6), Rita Yáñez Noda (7), Daniel Díaz Direito (8), Ana Martínez Rial (9), Manuel Pérez Besada (10), Regina Núñez Mosteiro (11), Manuel Lois Portas (12), Karen Francis Valencia Castillo (13), Eugenio Chaves Chaves (14), Tania Charlín Mondragón (15), José Ramón Costa Cordal (16), Lucñia Reboredo Chávez (17).