CC.OO. presentará unha querela contra o PSOE local se non retira as acusacións sobre a autoría das pintadas
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido
José Luis García Pedrosa, secretario de organización comarcal do sindicato Comisións Obreiras, ameaza con presentar unha querela contra a agrupación local do Partido Socialista se Tino Fernández, o seu secretario de organización e candidato á alcaldía, non rectifica nas súas declaracións nas que relacionaba as pintadas na sede do PSOE co sindicato no que milita García Pedrosa.
Alegou que se fose Comisións Obreiras quen realizase a pintada, esta sería máis contundente que "De obreros poco" como aparecía no exterior do local situado en Nostramo Lourido. "Porque de obreiros non teñen nada", indicou o representante sindical que afirmou que ata o momento só están a participar nas mobilizacións que organizan os comités de empresa de Ence. Convidou á agrupación socialista a presentar unha denuncia na comisaría no caso de que teñan algunha proba sobre a autoría. "Non se lles pode permitir facer unha acusación falsa", afirmou García Pedrosa.
O representante sindical non quixo condenar nin esas pintadas nin as aparecidas nas proximidades do domicilio da concelleira do BNG, Carme da Silva. Sinalou que non a comparten nin lles "parecen prácticas aceptables", pero tamén arremeteu contra moitos dos que se "escandalizan" hoxe cando realizaron "moitas pntadas na súa vida". Engadiu que o BNG realizara pintadas de todo tipo en Galicia.
José Luis García Pedrosa criticou a Pedro Sánchez por declinar a solicitude dos presidentes do comité de empresa de Ence para manter un encontro antes do seu mitin este martes en Vigo. Entende que se debe á formulación que se realiza desde o PSOE de Pontevedra. Culpou directamente á subdelegada do Goberno Maica Larriba, a Guillermo Meijón e a Tino Fernández de ser os responsables do cambio de postura do goberno socialista en relación coa prórroga de Ence.
Tamén atacou a UXT e CIG polo silencio que manteñen en relación coa situación de perigo á que se enfrontan os traballadores da pasteira, do sector forestal e do porto de Marín. Acusoulles de non participar nas mobilizacións ante a Deputación, ante o Parlamento de Galicia ou no mitin de Pedro Sánchez e, por este motivo, cre que estes sindicatos non están a defender aos traballadores e ao emprego. "A nós non nos vai colocar o bozal nadie", afirmou o sindicalista.
García Pedrosa apuntou ao remate da rolda de prensa que recorreron xudicialmente a negativa da subdelegada do Goberno Maica Larriba á celebración da manifestación de transportistas pola cidade e sinalou que están á espera de que desde a Subdelegación se lles indique o percorrido alternativo que deben realizar para a "gran manifestación" de apoio a Ence prevista para o venres 26 de abril.
Relacionadas:
-
As "ameazas" á concelleira Carme da Silva chegan ao Parlamento de Galicia nunha pregunta sobre o futuro de Ence
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras non se sinte "golpeada" pola vitoria do PSOE e manterá a campaña a favor de Ence
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
Un novo acto vandálico causa estragos na sede socialista de Pontevedra
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero dá todo o seu respaldo ao PSOE local ante os "ataques que a dereita lle quere facer de forma sesgada e malintencionada"
Por Natalia Puga |
-
Ciudadanos Pontevedra condena as pintadas ameazantes a Carme da Silva pero rexeita tamén as súas acusacións sen probas
Por Redacción |
-
A Xunta Electoral sanciona a Cidadáns por non retirar bandeirolas colocadas ilegalmente en dúas rúas
Por Natalia Puga |
-
Rafa Domínguez critica que Pedro Sánchez non escoitara os traballadores de Ence "nin 5 segundos"
Por Redacción |
-
Traballadores de Ence viaxan a Vigo en oito autobuses para protestar ante Pedro Sánchez
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os comités de empresa de Ence condenan o uso do seu 'lazo solidario' para facer pintadas contra Carme da Silva
Por Redacción |
-
Novas pintadas en verde, cunha diana e a advertencia 'Atenta' ameazan a Carme da Silva e o BNG
Por Natalia Puga & Nacho Fuentes |
-
Os socialistas levan á Xunta Electoral o "acoso" aos seus candidatos e os "escraches" contra os seus carteis
Por Oskar Viéitez |