Rescatan un home de 70 anos atrapado na lameira da Lanzada
Por Redacción
Uns veciños de Sanxenxo convertéronse en improvisados rescatadores ao conseguir axudar a un home de 70 anos que se quedou enterrado no lodo da enseada da Lanzada.
O home durante a madrugada decidiu ir pescar á zona da enseada do Bao e a lama situada nese espazo natural comezou a engulilo sen que fose capaz de saír da zona.
Uns veciños da contorna ao velo conseguiron, con axuda dunha barca, rescatalo. O home foi trasladado por unha ambulancia a un centro hospitalario con síntomas de hiportermia, segundo informan desde o oncello de Sanxenxo.