Vanessa Rodríguez Búa presenta o equipo novo e feminino co que Cidadáns aspira á Alcaldía de Sanxenxo
Por Redacción
A candidata de Cidadáns por Sanxenxo, Vanessa Rodríguez Búa, presentou esta fin de semana a lista coa que se presentará ás eleccións do próximo 26 de maio para tentar lograr a Alcaldía da localidade, unha candidatura da que destaca que predomina a xente nova, cunha media de idade de 35 anos, e na que reservou 6 dos 10 primeiros postos para mulleres.
Rodríguez Búa destaca a importancia da incorporación da muller á política activa, única fórmula válida para dar forma a políticas reais que promovan a igualdade plena.
A candidatura outorga a representatividade ás sete parroquias de Sanxenxo e ofrece ao veciños “traballo constante, humildade e honestidade”, así como a firmeza de principios que ata o momento marcou a súa traxectoria política.
Segundo explica a cabeza de cartel, buscou rodearse de "persoas íntegras e honestas", ás que os veciños poidan confiar o seu voto "coa certeza de que temos o noso propio proxecto para Sanxenxo e queremos defendelo". O seu obxectivo é "dar un xiro á política local en Sanxenxo" e iniciar unha etapa na que "se deixe de vincular Sanxenxo á súa elevada débeda e déase carpetazo a alcaldes con intereses urbanísticos”.
Esta é a candidatura:
- Vanessa Rodríguez Búa, avogada en exercicio desde 2005
- María Esther Freijeiro Vázquez, natural de Bordóns e administrativo comercial
- Roberto Vázquez Lucio, de Vilalonga e técnico especialista contable nas ramas administrativa e comercial
- Miriam Búa Lores, de Nantes e Educadora Social.
- Heliodoro Augusto Sueiro Arias, Padriñán. É director comercial no sector conserveiro e administrador de Noticias de Sanxenxo
- Aida Otero Míguez, veciña de Noalla. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e con experiencia no sector da asesoría contable e fiscal.
- Yolanda Fontán Costa, de Adina ( Portonovo). Profesional en administración e calidade no sector vitivinícola, actualmente emprendedora en comercio e hostalería.
- Félix Casqueiro Montes, natural de Dorrón e transportista.
- Rodrigo López Fontán, de Padriñán. Graduado en Economía
- María José Piñeiro Aguín, de Portonovo. Técnico Superior en Contabilidade e Sistemas Informáticos. Membro da Agrupación Coral Polifónica Santa María Adigna de Portonovo desde hai máis de 10 anos. Creou a súa propia marca téxtil e na actualidade dedícase por completo a este sector como autónoma.
- Juan Antonio Martínez Castro, Padriñán. Técnico superior en actividades físicas. Actualmente adestrador de CrossFit.
- Juan José Aguín Portabales, de Aios-Noalla. Técnico en Xestión Administrativa e cursando grao superior en Administracion e Finanzas.
- José Antonio Vieitez Miniño, de Aios-Noalla. Técnico de montaxe en carpintería metálica e copropietario de local de hostalería.
- Patricia Varela Crespo, de Nantes. Técnico especialista contable, na rama administrativa e comercial. Vicepresidenta da Anpa A Romaiña e membro do Consello Escolar.
- Carolina Ruel Portela, Nantes. Estudante de Relacións Laborais e Recursos Humanos
- José Antonio Figueroa Alonso, Bordóns. Procurador.
- Jesús Xusto González, Portonovo. Técnico especialista Administrativo, con experiencia como comercial. Desde hai 17 anos, no sector do automóbil.
- Julia Esther Camba Dapena, Padriñán. Mestra Nacional xubilada.
- Luís Miguel Méndez Martínez, Montalvo-Noalla. Autónomo no sector hostaleiro.
- Fátima Carballa González, Vilalonga. Técnico superior. Administrativo contable