Gaña o PP entre os pontevedreses residentes no estranxeiro
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Este mércores concluíu o escrutinio das eleccións xerais co reconto dos votos chegados á provincia emitidos polos españois residentes no estranxeiro. A Xunta Electoral desenvolveu este proceso na Audiencia Provincial de Pontevedra cun resultado que non altera a asignación de escanos coñecida o pasado domingo.
En total foron 4.454 papeletas, das que 1.380 foron apoios para o Partido Popular seguido os 1.121 que obtivo o PSOE. En terceiro lugar sitúase En Común Unidas Podemos, con 582 votos, a continuación, Cidadáns, con 491 votos; Vox, con 329 e o BNG, con 268. O resto de apoios repártense en menor número entre outras forzas.
O PP tamén se impuxo nos votos para o Senado cos populares Miguel Fidalgo (1.437 votos), Pilar Rojo (1.367) e Salvador González (1.208). En canto aos socialistas, os máis votados foron Modesto Pose (1.100), Margarita Adrio (1.083) e Daniel Chenlo (905).
Pola súa banda, María Vanessa Angustia Gómez, de En Común-Unidas Podemos, logrou 642 apoios; María Elena Pousada, de Cidadáns, 562; María de los Ángeles Romero, de Vox, 376; e André Vidal, de BNG, sumou 334.