A.M.A., elixida a Aseguradora de Responsabilidade Civil Profesional do Ano
A.M.A., a Mutua dos Profesionais Sanitarios, foi galardoada co Premio ConSalud.es 2019 á Aseguradora de Responsabilidade Civil Profesional do Ano, outorgado pola redacción do diario ConSalud que, con estes galardóns, premia as iniciativas e personalidades que ao longo do ano destacaron pola súa contribución ao sector da Sanidade.
Para a concesión da distinción tívose en conta a traxectoria de A.M.A como compañía aseguradora líder en Responsabilidade Civil Profesional polos seus 25 anos ininterrompidos asegurando os profesionais da Sanidade.
A Directora Xeral Adxunta de A.M.A. e Directora de Responsabilidade Civil Profesional, Raquel Murillo, foi a encargada de recoller o Premio, nun acto celebrado na Casa de América, baixo a presidencia do Conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid, Enrique Ruiz Escudero, e ao que asistiron, entre outros, o ex presidente Ángel Garrido e numerosos destacados representantes do sector sanitario. Por parte de A.M.A. acudiu tamén ol Conselleiro Delegado e Secretario Xeral, Francisco Herrera.
Durante a súa intervención, Raquel Murillo mostrou a súa satisfacción polo galardón, que supón un recoñecemento ao esfuerzo dos profesionais de A.M.A. que traballan "innovando cada día" co único obxectivo de que o colectivo sanitario poida desenvolver o seu traballo con "tranquilidad, eficiencia y garantías".
Murillo destacou a contribución da Mutua na atenuación da chamada "medicina defensiva", o cal representa un aforro para o sistema de Saúde ao evitar realizar probas innecesarias, á vez que posibilita unha mellor forma de exercer a Medicina, como, segundo dixo, puxeron de manifesto os propios mutualistas, os profesionais sanitarios.
"Es una satisfacción -continuou- haber podido estar durante tantos años de manera ininterrumpida dando apoyo a los sanitarios a través de un seguro tan importante como es el profesional", o que só se consegue "con esfuerzo, experiencia y profesionalidad".
A estes labores dedícase A.M.A. desde hai xa 25 anos con xornadas de "mucho trabajo", que ven recompensadas co premio concedido.
Relacionadas:
-
O seguro de autos de AMA, elixido de novo o mellor en satisfacción polos consumidores, segundo a OCU
Por Redacción |
-
A.M.A. sitúase á cabeza do ranking de aplicacións móbiles no sector das aseguradoras
Por Noticia patrocinada |
-
AMA Vida, galardonada como a mellor aseguradora de servizos sanitarios
Por Noticia patrocinada |