Nova cita de Sétima Feira no primeiro andar do mercado de abastos
Por Redacción
Chegou o segundo sábado de mes e con el unha nova cita con Sétima Feira no primeiro andar do mercado de abastos. Moda, deseño e arte e tamén música, gastronomía e obradoiros para nenos encheron de vida este espazo.
O fervedoiro creativo infantil afrontou a gravación de spots publicitarios de produtos da praza de abastos.
Nesta ocasión os postos que puxeron á venda os seus produtos foron Armonet, Amorote printing workshop, Ceibe Handmade, Aída Donoso, Estrellas o limones, Jerolas, Jorecreques "arte con mis manos", Jose Barreiro Art, Leónlagata, Loira, Milena Colella, Papp Uv, Racataplan e Semente Pontevedra.
A música de Joao Tomba e a "pinchada" de O Fillo de Fiusa arroupou o mercado de moda, deseño e arte no que tamén tivo cabida a gastronomía.
Sétima Feira é unha iniciativa da Concellería de Promoción da cidade, dirixida por Anabel Gulías que ten como finalidade dinamizar a escena creativa da cidade, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo e apostando pola colaboración entre os creadores emerxentes e o comercio local.