Luz verde para que o parque acuático de Meis abra as súas portas na primavera de 2020
Por Redacción
Representantes da empresa Action Waterscapes, o alcalde de Meis, José Luis Pérez e membros da comunidade de montes de San Vicente de Nogueira compareceron este sábado para anunciar que o proxecto de parque acuático xa conta con licenza e que esperan que este centro recreativo poida abrir as súas portas na primavera do próximo ano.
O portavoz da firma promotora, Aurelio González, asegurou que o de Meis será o parque acuático máis grande do noroeste da península, cunhas 70 hectáreas de superficie no lugar de Penente nas que contemplan un investimento próximo aos 6 millóns de euros.
"O parque da auga, Natural Meis", segundo o nome que consta no proxecto, xerará uns 70 postos de traballo aos que terá acceso preferente os veciños deste municipio.
O popular José Luis Pérez lamentou que esta instalación non poida abrir as súas portas este verán tal e como fora anunciado, algo que atribuíu a "cuestións políticas", en referencia ás alegacións presentadas.
A día de hoxe a empresa xa iniciou os traballos de acondicionamento do terreo e eliminou as especies invasoras. Segundo consta no proxecto presentado, a empresa vinculou á cultura local galega o proxecto no seu conxunto, desde a imaxe gráfica ao deseño de atraccións, pasando pola propia arquitectura das edificacións.
Relacionadas:
-
A Xunta investirá máis de 100.000 euros na mellora do bombeo en Meis para dar servizo ao futuro parque acuático
Por Redacción |
-
O BNG cre que o proxecto do parque acuático de Meis "é fume electoral"
Por Redacción |
-
Meis recollerá os currículos dos aspirantes aos 80 postos de traballo do parque acuático
Por Oskar Viéitez |