Detido por ameazar un veciño cun coitelo e a Policía ao berro de "Que vos mato!"
Por Redacción
A Policía Nacional detivo un veciño de Marín de 42 anos que primeiro ameazou ao seu veciño cun coitelo e logo fixo o mesmo aos axentes que acudiron ao lugar dos feitos e abalanzouse sobre eles.
Os feitos ocorreron sobre as 6.00 horas da madrugada do domingo ao luns. Unha persoa chamou á sala do 091 alertando da presenza dun individuo ameazando cun coitelo un veciño.
Os axentes policiais dirixíronse ao lugar inmediatamente e, tras entrevistarse coa veciño vítima, indicoulles que a persoa que o ameazaba atopábase nunha vivenda lindeira á súa.
Os axentes oían berros procedentes do interior e requiríronlle para que saíse. De súpeto, o home abriu a porta proferindo ameazas cun coitelo de grandes dimensións na man e gritando "Que queredes? Que queredes? Que vos mato!".
A continuación, o home abalanzouse sobre os axentes coa intención de agredilos, de modo que foi finalmente detido polos delitos de atentado a axente da autoridade e ameazas con arma branca.
O home, con antecedentes policiais, foi detido e trasladado á Comisaría Provincial de Pontevedra e, a continuación, pasou a disposición xudicial.