Sanxenxo licita a construción do novo campo de fútbol de Dorrón
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo publica no perfil do contratante para a súa licitación o proxecto de construción do campo de fútbol de Dorrón, cun orzamento que ascende a 472.132 euros.
É o único campo de terra que queda en Sanxenxo, polo que unha vez se execute esta primeira fase, faise necesaria unha segunda actuación, coa instalación de céspede no terreo de xogo.
O proxecto contempla a construción dunhas bancadas e da zona de vestiarios nova, así como o acondicionamento dunha zona reservada para a implantación de futuras instalacións como aseos públicos, despachos de billetes e un local multiusos-cafetería.
Actualmente o campo de futbol ten unhas dimensións de 96 metros de longo por 58 metros de ancho. E desde a directiva do club negociouse a compra de dúas parcelas, de 95 metros cadrados e de 45 metros cadrados, respectivamente, para poder ampliar o campo, de maneira que poida alcanzar os 100 metros de longo e os 60 metros de ancho.
Relacionadas:
-
Malestar na directiva do Dorrón por outro retraso na remodelación do campo de fútbol
Por Manu Otero |
-
A reforma do campo de fútbol de Dorrón será financiada a cargo do orzamento municipal
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo mellora o proxecto do novo campo de fútbol de Dorrón
Por Redacción |
-
A Deputación financia un Local Social na Lama e gradas no campo de fútbol de Dorrón
Por Oskar Viéitez |