Escolares do colexio Marcos da Portela concéntranse para reclamar un pediatra en Monte Porreiro
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ce7d65961-005.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dc4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ce7d64427-0035.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/da9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ce7d61fad-0017.jpg)
© PontevedraViva
Decenas de escolares con pancartas e carteis reclamando a presenza dun médico pediatra concentrábanse, acompañados por familiares, na entrada do colexio Marcos da Portela na mañá deste venres 24 de maio.
A ANPA, que organizaba esta protesta, reclama ao Servizo Galego de Saúde a cobertura do pediatra que este venres se prexubila e que ofrecía atención a menores tanto en Monte Porreiro como no municipio de Barro, a través de quendas de media xornada.
Carlos Diéguez, presidente da asociación O Miradoiro de Monte Porreiro, que acudía á concentración manifestaba o seu malestar ante a falta de comunicación por parte da Consellería de Saúde e da xerencia do complexo hospitalario ata o momento. Teme que 800 escolares da urbanización e outros 500 de Barro sufran as consecuencias de quedar sen atención nos seus respectivos centros de saúde. Por iso decidiron pasar á acción.
A esta protesta dun cuarto de hora de duración terá a súa continuidade o vindeiro venres 31 de maio. Será unha manifestación desde Monte Porreiro ata a praza de España a partir das 20.15 horas que finalizará coa lectura dun manifesto no que se esixirá a inmediata presenza dun pediatra.
O representante veciñal entende que ademais o Sergas tentou "boicotear" as súas protestas a través de comunicados nos medios de comunicación nos que asegura que Monte Porreiro continuará mantendo un pediatra no cadro de persoal do centro de saúde pero recoñece que carece de profesionais desta especialidade nas listas de espera e, por este motivo, descoñece cando se poderá levar a cabo a substitución.
#Ante esta situación, Carlos Diéguez afirma que a veciñanza se teme que están a tentar desmantelar o centro de saúde e asegura que van seguir loitando por manter todos os servizos sanitarios.
Protesta ante o Marcos da Portela para reclamar o pediatra en Monte Porreiro
Escolares, acompañados de familiares e responsables da ANPA, aproveitaron a entrada a clase para manifestar o seu malestar ante a falta dun substituto para o pediatra que se prexubila
© PontevedraViva
Escolares de Monte Porreiro piden un pediatra no barrio
A ANPA do Colexio Marcos da Portela organizaba esta protesta ante a marcha do actual pediatra e a falta dunha decisión por parte do Sergas para cubrir esta baixa
© PontevedraViva