Goyo Revenga anuncia que Cidadáns fará unha oposición "construtiva e leal" en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O candidato de Cidadáns á Alcaldía de Pontevedra, Goyo Revenga, valorou os resultados electorais do pasado domingo 26 de maio no que obtiveron unha acta de concelleira coa que anuncia que fará unha oposición "construtiva e leal" no Concello de Pontevedra.
Cidadáns baixou 126 votos na Boa Vila respecto a os 2.268 apoios conseguidos nas urnas nos anteriores comicios. Desde a formación laranxa felicitaron ao BNG pola vitoria, ao PP por subir 2 concelleiros e ao PSOE por mellorar os resultados de hai catro anos. "Nosotros también nos felicitamos, ya que hemos logrado mantener ese concejal tan importante para la consolidación de Ciudadanos", sinalou Revenga.
A nivel galego a formación de Albert Rivera dobrou a súa representación municipal, pasando de 16 a 35 concelleiros, aínda que sen peso político suficiente para ser chave de goberno en ningunha das principais cidades. "El crecimiento lento, pero somos un partido nuevo", xustificou o cabeza de lista en Pontevedra.
Os resultados na cidade do Lérez tamén son celebrados por Goyo Revenga "viendo lo que ha pasado en otras formaciones lo podemos considerar un éxito", dixo en referencia á candidatura de Marea que sufriu tal desfeita que se quedou sen representación na corporación municipal.
Por este motivo felicitou a todos os seus compañeiros de partido, militantes e simpatizantes porque "con muy poco hemos sacado mucho".
Revenga non cre que nestes resultados influíse a substitución da anterior cabeza de lista e concelleira María Rey xa que defende que o importante era a marca Cidadáns "que está muy por encima de los nombres". "No sé si María hubiese tenido mejores resultados", admitiu.
Neste sentido declina "hablar de pasado" e prefire encarar o novo tempo político para o que anuncia que exercerá unha oposición "construtiva e leal, sempre coa verdade por diante".
PACTOS EN PONTEVEDRA
Goyo Revenga ve "muy complicado" que o Bloque do actual alcalde Miguel Anxo Fernández Lores poida seguir gobernando en solitario en Pontevedra xa que cre que "el PSOE tiene amarrado al BNG" posto que "la situación ha cambiado mucho" e entende que non será posible xestionar o Concello con "acuerdos puntuales".
"Antes el señor Fernández Lores tenía dos almohadas donde apoyarse y ahora solo tiene una", sinalou en referencia a Marea Pontevedra. "Si estuviera en la misma tesitura pondría en valor mis cuatro concejales" engadiu.
Sobre a postura que adoptará Cidadáns no pleno de investidura do próximo día 15 de xuño Goyo Revenga apunta que"llevamos una estrategia nacional" e está a esperar ao que se determine nas próximas reunións programadas.