Sétima Feira sae á rúa o vindeiro 8 de xuño no peche de tempada
Por Redacción
Sétima Feira pecha a tempada na rúa. Este mercado alternativo e moda, deseño e artistas emerxentes de Pontevedra deixa atrás o primeiro andar da praza de abastos, o seu escenario natural, e baixa á rúa Serra para dicir "até o outono".
Será o vindeiro sábado 8 de xuño. Os postos de moda e deseño, conxugaranse co espazo infantil "Fervedoiro creativo" actuacións musicais e a gastronomía. Como sempre en horario de 11.00 a 15.00 horas.
Catorce postos estarán na derradeira cita da tempada. Son os seguintes: Alén Das Olas Cerámica, Beeh Sweet, Cetácea Estudio, Conloquetengo, Contraform, Editorial Discursiva, Ele-shop, Graphics Project, Liliana Valverde, Merypuch, Sofia Venzel illustration, SomosOcéano, Variopinto, Xogando co vento + Cositas para los más peques
Nesta ocasión a música estará a cargo do Charlie Swamp DJ e o concerto de Jacobo Sainz e Grilo.
O público infantil terá como sempre o seu espazo en Sétima Feira. Neste caso a rapazada creará un mapa intereactivo, resultado de combinar ilustración e interacción da cativada participante no "Fervedoiro creativo".
Xa está aberta a inscrición (de balde) para participar no obradoiro infantil (4 quendas), a través do enderezo setimafeira@pontevedra.gal
Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os creadores emerxentes e o comercio local.