Funcionarios de Xustiza e afectados polas preferentes fusionan as súas protestas
Por Oskar Viéitez
Os traballadores da Administración de Xustiza de Pontevedra volveron saír de novo á rúa para manifestar a súa oposición aos recortes anunciados polo Ministerio de Xustiza, encamiñados "a desmantelar un servizo público".
Ás once e media ante os xulgados da Parda e unha hora despois na Audiencia Provincial estes funcionarios mostraron pancartas con lemas como "Xustiza para todos" e corearon consignas como "o próximo parado que sexa un deputado" ou "o rexistro nin se vende nin se regala".
Nesta ocasión aos empregados públicos sumáronse a Plataforma de Afectados polas preferentes en Marín-Pontevedra para expresar o seu rexeitamento aos axustes no servizo de xustiza que ocasionarán o encarecemento da xustiza e como consecuencia a restrición dos servizos aos cidadáns sen recursos.
Lola Filgueira e Manuel Valle actuaron como voceiros nesta convocatoria unitaria de todas as forzas sindicais para trasladar unha mensaxe contraria á intención do Goberno de privatizar os rexistros civís para poñelos en mans de rexistradores da propiedade e cuxos custos serán asumidos polos cidadáns.
Igualmente expresaron a súa oposción a que desaparezan decenas de órganos xudiciais xa que "vai supoñer eliminación de postos de traballo, se afasta os cidadáns deste servizo público e vai encarecer e vai dividir os cidadáns en dúas clases os que van ter recursos e os que non".
Relacionadas:
-
Consolídase a unión nas protestas dos empregados públicos e os afectados polas preferentes
Por Oskar Viéitez |
-
A administración de Xustiza paralízase contra Gallardón
Por Oskar Viéitez |
-
Gallardón suma na súa contra aos avogados pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Os funcionarios opoñense á privatización da Xusticia de Gallardón
Por Oskar Viéitez |