Un lume nunha campá extractora mobiliza á Policía e os Bombeiros
Por Diego Torrado & Redacción
Efectivos das policías Local e Nacional e os Bombeiros de Pontevedra desprazáronse a media tarde deste domingo ata a rúa Joaquín Costa ante a alerta espertada por un incendio iniciado nunha campá extractora.
Segundo a información facilitada polos Bombeiros, o lume iniciouse nunha campá no interior dun piso da quinta planta dun edificio e puido sufocarse sen dificultade coa axuda dun extintor.
O lume tan só afectou á cociña desa vivenda, que quedou totalmente chea de fume e foi necesario realizar tarefas de ventilación.
A causa do lume non foi necesario desaloxar ao resto de veciños do edificio nin adoptar medidas excepcionais, senón tan só garantir a pureza do aire desa vivenda antes de permitir que os veciños regresasen á súa vivenda.
Todo ocorreu sobre as 18.30 horas deste domingo no número 70 da rúa Joaquín Costa.