Sanidade aproba expropiar cinco vivendas para construír o Gran Montecelo
Por Redacción
As expropiacións necesarias para ampliar o hospital Montecelo comezan a tramitarse. A Consellería de Sanidade aprobou inicialmente o proxecto que permitirá ocupar os terreos sobre os que se asentará o novo inmoble.
Esta expropiación forzosa, que se realiza mediante o procedemento de taxación conxunta, estará a exposición pública durante un mes para que os afectados poidan presentar alegacións, especialmente relacionadas coa valoración dos seus bens.
Ademais, o Concello de Pontevedra tamén terá un mes para presentar as súas propias reclamacións, segundo consta no documento publicado este martes.
Dentro da relación dos bens afectados, destaca a presenza de cinco vivendas unifamiliares situadas na contorna do actual hospital. Todas elas teñen terreo anexo e, en función dos casos, almacéns, hórreos, piscinas ou baixos comerciais.
A eles súmanse outros dezaoito afectados que, entre os bens incluídos, perderán terreos agrícolas, parcelas de chan rústico, muros de pedra, diques ou portais de acceso.
A Xunta indemnizará tamén, dentro deste proxecto expropiatorio, a cinco titulares de negocios que, debido á construción do novo hospital, deberán trasladarse de localización. Compensaríaselle así os gastos de traslado, a paralización temporal da actividade que supoñerá o peche e a posible perda de clientela.
A adquisición de todos estes terreos será realizada pola Consellería de Sanidade, sendo o Servizo Galego de Saúde o beneficiario destas expropiacións.
As expropiacións foron valoradas en 2.593.487,03 euros e a indemnización que recibirán os afectados oscilará en función do tamaño e o valor das súas propiedades.
Relacionadas:
-
Os afectados pola ampliación do Gran Montecelo aseguran que a Xunta volverá taxar os seus inmobles
Por Redacción |
-
Os afectados polas expropiacións do Gran Montecelo tachan de "roubo" a valoración das súas propiedades
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE municipal elabora alegacións ao Plan Funcional da Xunta para o Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Mourente ofrece ceder a Sanidade os terreos de Montecelo "por un módico canon"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores insiste en que debe ser a Xunta quen contemple a creación de aparcadoiros en superficie para Montecelo
Por Redacción |
-
O proxecto sectorial do Gran Montecelo, a información pública
Por Redacción |