Un tobogán de 50 metros e unha Holi Party na "festa fin do cole" de Marín
Por Oskar Viéitez
A segunda edición da "festa fin do cole" celebrarase o próximo 28 de xuño a partir das 16.30 horas ata as 23 horas.
O Concello de Marín anuncia que a festa chega chea de novidades, consolidando o proxecto do ano pasado e sendo de novo o inicio das festas de verán no centro da vila.
A actividade protagonista seguirá sendo a rampla acuática de 50 metros acompañado de escuma, que nesta edición estará situada na rúa Jaime Janer, no tramo próximo á Alameda, para darlle máis espectacularidade e amplitude coa súa nova localización.
Na Rúa do Sol estarán situados cinco inchables acuáticos e o parque Eguren acollerá as actividades para os máis adolecentes, cun gran inchable acuático e actividades como touro mecánico e táboa de surf, pero ademais a "festa fin do cole" amplía o seu horario e as súas actividades coa organización dunha Holi Party animada con música.
O concello marinense anuncia que con este evento levántase o pano das festas estivais.