A Xunta aproba a construción dunha senda peonil e ciclista en Marín entre Coirados e Pardavila
Por Redacción
A Xunta ten previsto levar a cabo un itinerario peonil duns dous quilómetros pola marxe esquerda desta estrada autonómica, desde a saída de Marín e conectando coas beirarrúas actuais ata Pardavila, unha vez superado a ligazón da variante de Marín.
Este luns, o DOG publicaba a aprobación do proxecto de construción desta senda peonil e ciclista na estrada PO-313, entre Coirados e Pardavila, no Concello de Marín. O investimento previsto é de 720.000 euros e a obra inclúese no Plan de Sendas do Morrazo. Está previsto que a contratación se realice este verán e que se levanten as actas previas antes de finais de ano.
Segundo anuncian desde a Xunta de Galicia, nesta intervención vai construír unha pequena plataforma para salvar o cano ao comezo da estrada. Como obras complementarias inclúese unha nova rede de drenaxe e a mellora do cruzamento cun carril central e un cambio de sentido.
Tamén sae a información pública este luns o proxecto dunha senda na PO-551 ao seu paso por Bueu, entre Trasouto e Alto da Portela. O investimento para este traballo alcanza os 735.000 euros no que se inclúe o pago das expropiacións.
No marco do plan de Sendas, no Concello de Marín, a consellería de Infraestruturas está a traballar no itinerario peonil entre Vilaseca e Lapamán.
Relacionadas:
-
Os propietarios de terreos afectados pola senda entre Coirados e Pardavila, convocados para o 27 de febreiro
Por Redacción |
-
Estrea oficial para a senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |
-
Avanzan a bo ritmo as obras da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán
Por Redacción |
-
Vía libre para a expropiación de 19 fincas afectadas polo novo itinerario peonil da PO-313
Por Redacción |
-
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda entre Coirados e Pardavila, na estrada PO-313
Por Redacción |