O Santo súmase á lista de praias sen fume de Marín
Por Redacción
Marín amplía a súa rede de praias libres de fume. O Concello acaba de solicitar a adhesión á Rede Galega para os areais de Portocelo e O Santo, que é a nova incorporación.
A creación destes espazos sen tabaco serve para concienciar á sociedade sobre os perigos do tabaquismo e converte ás praias nun campo educativo e preventivo. Os operarios municipais instalaron xa os paneis informativos nos accesos.
Ademais de dar exemplo aos mozos, deixar de fumar nas praias supón un importante avance na loita contra a contaminación, posto que as cabichas lideran o ranking de residuos no mundo por diante dos envases, as botellas ou as bolsas. Estas cabichas tardan unha media de 12 anos en desintegrarse e as substancias tóxicas que se acumulan no filtro supoñen unha ameaza para a biodiversidade.
Relacionadas:
-
Sanidade acredita que todas as praias de Vilaboa están libres de fume do tabaco
Por Redacción |
-
Marín habilita novos 'leira park' gratuítos en Aguete, Loira e A Coviña
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade tamén presume de praias sen fume
Por Redacción |
-
Dez praias de Sanxenxo decláranse 'libres de fume' e do tabaco
Por Alejandro Espiño |
-
Marín quere que a do Santo sexa unha praia sen tabaco
Por Redacción |