A Garda Civil desmantela unha banda organizada que roubou en 26 bares de Pontevedra nos últimos meses
Por Redacción
Unha investigación liderada pola Garda Civil de Cambados permitiu desmantelar unha banda organizada que nos últimos meses cometeu un total de 28 roubos nas provincias de Pontevedra e A Coruña, nos que levaron un botín que se aproxima aos 40.000 euros en efectivo e provocaron danos materiais valorados en máis de 65.000 euros.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, en total, foron detidas oito persoas e outras están a ser investigadas e deuse por desarticulada unha importante organización criminal especializada en roubos en locais de hostalería. Os membros da banda acumulaban un amplo historial delituoso que sumaban máis de 100 detencións anteriores por feitos similares.
A maioría dos roubos, 26 do total de 28, que se atribúen a esta banda cometéronse na provincia de Pontevedra. Poio (7), Sanxenxo (5), e Barro (3) foron os municipios máis afectados, pero tamén se han detectados dous roubos en Ribadumia, Caldas de Reis e Meis e un en Moraña, Cuntis, Silleda, Cambados e Pontecesures. A lista de delitos compétanos senllos roubos nas localidades coruñesas de Teo e Cambre.
As investigacións, bautizadas como operación 'Presuroso', iniciáronse a finais do ano pasado a raíz do incremento dos roubos que se estaban producindo nos establecementos de hostalería na provincia de Pontevedra, fundamentalmente nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra.
En todos os casos investigados, o obxectivo do roubo era a subtracción das máquinas recreativas e as caixas rexistradoras, empregando para iso un modus operandi moi organizado e de gran efectividade que os levaba a materializar o roubo en pouco máis de 30 segundos.
A banda adoitaba actuar en células compostas por catro individuos coas misións perfectamente definidas: un encargábase de fracturar violentamente a porta de entrada no local e a máquina recreativa despois, a outro lle correspondía a misión de arrincar a caixa rexistradora da súa localización, un terceiro era o responsable de dirixir o operativo, mentres outro vixiaba no exterior a bordo dun vehículo no que se daban á fuga co botín.
O núcleo central da banda estaba asentado en Ferrol (A Coruña), pero o grupo contaba co apoio doutras dúas persoas en Pontevedra. Trátase dun veciño de Portas e o seu fillo, residente en Poio. Ambos eran os encargados de facilitar os vehículos, algúns deles de aluguer, cos que cometían os roubos.
En Ferrol foron detidas seis persoas e investigadas outras dúas. En Cambados foron localizados e detidos os dous individuos que prestaban apoio á organización desde Pontevedra.
A operación foi desenvolta polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados co apoio e a colaboración dos equipos e áreas de investigación da Compañía de Vilagarcía de Arousa e dos Postos Principais de Cambados e Sanxenxo, baixo a dirección do Xogado de Instrución número 1 e a Fiscalía de Cambados.