Queixas pola falta de limpeza na contorna da rúa José Malvar
Por Redacción
Persoas que residen na contorna da rúa José Malvar reclaman ao Concello de Pontevedra unha rápida intervención por parte dos operarios de limpeza e de parques e xardíns nunha contorna que, indican, se atopa en malas condicións.
Denuncian a presenza de maleza que invade as beirarrúas, así como de excrementos de animais domésticos en toda a contorna urbana próximo ao Centro de Tecnificación Deportiva, Padre Fernández Olmedo e José Malvar. No caso de que a maleza proceda de terreos particulares, os veciños piden que o Concello obrigue a rozar esas zonas para evitar situacións de perigo.
Indican que se trata dunha zona moi próxima ás principais rúas de Pontevedra e reclaman ao equipo de goberno a mesma atención que se produce no centro urbano.