Campañó reclama outro trazado para a nova variante de Alba
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/46e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5d3bf5a33d-20190725-saiz-protesta-vecinos-campa-u00f1o-vial-25.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ce6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5d3bf5a1d4-20190725-saiz-protesta-vecinos-campa-u00f1o-vial-21.jpg)
© Cristina Saiz
"Con este trazado, Campañó morto e soterrado", con este lema nunha pancarta, veciños de Campañó, congregados a través da asociación veciñal Santo Paio, realizaba unha marcha este venres pola PO-531 co obxectivo de amosar a súa repulsa ao proxecto de trazado para a nova variante de Alba, que proxecta a consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.
Este colectivo de afectados amosa con esta segunda mobilización nos últimos días a súa oposición a un proxecto que entende vai xerar un impacto nos núcleos de poboación da zona. Ademais, os veciños desta contorna consideran que o proxecto prevé un incremento de tráfico circulatorio e temen que aumente unha maior inseguridade viaria da que xa están a sufrir na actualidade. Lembran que nesta contorna xa se rexistraron sete mortes durante os últimos anos e que a creación do novo viario multiplicaría esta cifra.
O proxecto da Xunta contempla unha conexión entre a PO-531, a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía, e a N-550, a estrada de Santiago. Indican que a proposta pasará a aproximadamente dez metros dalgunhas das vivendas da zona e que, ademais, provocará un notable impacto visual na parroquia.
Unha das alternativas que ven os veciños é que a peaxe da autoestrada se traslade a outro emprazamento máis ao norte, de maneira que se contemplen outros trazados de conexión. O prazo de alegacións ao proxecto remata o 7 de agosto e os veciños, según explica a presidenta, xa foron convocados pola Consellería de Infraestruturas, que lidera Ethel Vázquez, para unha xuntanza o vindeiro mércores 31 de xullo.
Marcha veciñal en Campañó contra o proxecto da variante de Alba
A asociación de veciños Santo Paio realiza mobilizacións para amosar a súa oposición ao proxecto que ten previsto a Xunta de Galicia. Os afectados entenden que provocará máis inseguridade viaria na zona
© Cristina Saiz