A escola infantil de Arcos de Furcos abocada ao peche pola súa baixa matrícula
Por Redacción
Un novo centro escolar pecha as súas portas en Pontevedra. Neste caso, en Cuntis. A escola de educación infantil de Arcos de Furcos non terá actividade durante o próximo curso escolar. Así o anunciou a Consellería de Educación que, a través do Diario Oficial de Galicia, certificou a desaparición desta escola unitaria.
Educación asegura que a escola de Arcos de Furcos só contaba con tres alumnos matriculados para o curso 2019-2020, a metade dos nenos que esixe a Xunta de Galicia para manter aberto un centro destas características.
O baixo nivel de matrículas, que xa era un problema perentorio para esta escola, obrigará a recolocar aos alumnos noutros centros escolares do municipio.
Educación xustifica esta medida na súa obrigación de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos sostidos con fondos públicos, adecuándoos ás necesidades e á realidade social de cada zona.
Relacionadas:
-
Cuntis abre o prazo de inscrición para a 'casa niño' de Arcos de Furcos
Por Redacción |
-
Denuncian un novo acto vandálico na escola unitaria da Gándara, en Arcos de Furcos
Por Redacción |
-
A escola de Verducido consigue un novo alumno e resístese a perder unha mestra
Por Redacción |
-
Verducido pecha filas en defensa do seu colexio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |