Programan concertos en sesión vermú durante a concentración de motos de Sanxenxo
Por Redacción
Este ano celébrase a 35º Edición da concentración mototurística internacional Rías Baixas Sanxenxo e a Asociación Rúa dos Viños quixo colaborar para enriquecer a programación deste evento.
Por iso, este luns o goberno local do Concello de Sanxenxo mantivo unha reunión con representantes desta asociación de Portonovo e membros do motoclub para buscar a forma de que esa colaboración sexa unha realidade.
Esta asociación organizará unha serie de concertos "sesión vermut" que completen a programación que o motoclub ten preparada para os días 6, 7 e 8 de setembro e que será presentada nos próximos días.
Esta semana levará a cabo unha nova reunión para pechar este programa para poder convidar a veciños e visitantes a gozar dunha das citas máis consolidadas no calendario local.