Así loce a restaurada carroza da Virxe Peregrina
Por Oskar Viéitez
Durante estes días a carroza da Virxe Peregrina exhíbese ao público para que poida comprobar o resultado dos traballos de restauración.
Supervisados por Patrimonio, os encargados de levar a cabo este traballo foron os artesáns da carpintería Omil situada no Campiño de Santa María que, entre outras melloras, substituíron as rodas e cambiaron toda a estrutura de madeira que estaban afectadas polas polillas e a carcoma. Na posta a punto colaborou tamén a restauradora Pilar Baamonde
Agora a carroza loce un novo tapizado e lacado, despois de eliminar as múltiples capas de pintura aplicadas ao longo dos anos.
O orzamento desta restauración era de 20.000 euros financiado co diñeiro recollido nas colectas, algúns donativos e as cotas dos confrades.
O vindeiro sábado 10 de agosto, ás 13.15 horas, será a reestrea desta centenaria carroza que procesionará ata o santuario da Virxe Peregrina na tradicional ofrenda floral.
A Confraría Virxe Peregrina tamén fixo algunhas reformas no interior do templo, como a restauración do retablo maior, ademais dos báculos e do estandarte da confraría. Todo iso para celebrar os 225 anos desta icónica igrexa.
Relacionadas:
-
RADIO.- Traballo e entusiasmo na Confraría da Virxe Peregrina para que "todo volva saír como nos anos anteriores á pandemia"
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra renova a súa devoción pola Virxe Peregrina cunha procesión ata os topes
Por Redacción & Diego Torrado |
-
"No les recomiendo esta vida a mis hijos, prefiero que estudien"
Por Almu Dapena |
-
Pecha o Santuario da Peregrina para poder limpar o retablo
Por Oskar Viéitez |