A Garda Civil incáutase de droga e roupa falsificada nun control de estrada
Por Redacción
Catro persoas detidas e tres investigadas é o resultado dun dispositivo especial levado a cabo pola Patrulla de Seguridade Cidadá da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa na comarca de Caldas. As actuacións culminaron coa aprehensión de diversas cantidades de cocaína e haxix e a incautación dun lote de roupa falsificada.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, as dúas aprehensións producíronse no transcurso un novo operativo prevención realizado este xoves nas vías de comunicación da comarca de Caldas, orientado especialmente a erradicar a venda e distribución de estupefacientes a pequena escala na provincia de Pontevedra.
No transcurso dun dos controis que se realizaron interceptouse un turismo da marca BMW, modelo X3, no que viaxaban catro mozos, veciños de Santiago de Compostela, en idades comprendidas entre os 20 e 27 anos. No interior do vehículo atopáronse escondidas 20 landras de haxix e unha bolsa que contiña 250 dose de cocaína.
A raíz do achado da droga, a Patrulla de Seguridade Cidadá procedeu a detención dos ocupantes do vehículo como supostos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e procedeuse á incautación da droga e do turismo.
Unha vez concluída a instrución das dilixencias, os detidos foron postos en liberdade ao dispor do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis, onde deberán comparecer cando sexan citados.
Dentro do mesma orde de actuacións interceptouse outro vehículo que transportaba un lote de roupa falsificada, do que se fixo cargo a Patrulla Fiscal e Fronteiras de Vilagarcía que procedeu á investigación dos seus dous ocupantes, veciños de Vilagarcía de Arousa, como presuntos autores dun delito contra a propiedade industrial.
Neste caso tamén se procedeu á incautación do obxecto do delito, 221 camisetas deportivas, con etiquetas falsas de coñecidas firmas comerciais cuxo un valor no mercado supera os 10.000 euros, que foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis.
Relacionadas:
-
Incautan unha partida de roupa falsificada na peaxe de Vilaboa
Por Redacción |
-
Detidos dous homes en Caldas de Reis con máis dun millar de doses de cocaína
Por Redacción |
-
A Garda Civil retira do mercado 2.630 artigos falsificados valorados en 116.604 euros
Por Redacción |
-
Deteñen un mozo de 18 anos na peaxe de Vilaboa con 35 gramos de hachís
Por Sofía Lorenzo |