Marín quere mellorar as súas conexións con Pontevedra e Bueu
Por Redacción
Técnicos da Universidade de Vigo traballan na elaboración dun Plan de Movilidad Urbana Sustentable para todos os núcleos urbanos do municipio de Marín e no que tamén se inclúe a mellora das conexións coas veciñas localidades de Pontevedra e Bueu.
Un primeiro informe xa foi entregado ao Concello e nel inclúense unha serie de medidas nas que xa traballa o Goberno local. Trátase dunha serie de humanizacións e acondicionamentos, algúns en fase de elaboración de proxectos e outros que xa se están levando a cabo como é a reforma da rúa Concepción Arenal.
O Goberno da alcaldesa María Ramallo sinala que neste Plan fíxanse como obxectivos o fomento da mobilidade urbana, o transporte urbano limpo, o transporte colectivo, a conexión urbana-rural, a mellora na rede viaria, senllas ciclistas e peonís, a mobilidade eléctrica e o desenvolvemento de sistemas de subministración de enerxías limpas.
Para a redacción desta ferramenta estratéxica o Concello de Marín conta con fondos europeos.